viernes, 12 de noviembre de 2010

Sobre o artigo!!

Persoalmente, creo que este artigo é moi interesante, xa que informa, dalgunha maneira, que hoxe en día existen ensaios, relatos, etc, que tratan dalgún mensaxe educativo. Sobretodo céntrase en manifestar que existen temas como os sentimentos, as emocións, a autoestima, temas sobre familias monoparentais (nas que non sempre está presente só a nai), ....así pois, moitos temas máis, como o divorcio dos pais, os celos entre irmáns, as mentiras, a tímidez, ... moitos destes temas se aprecian de maneira transversal.
Ademáis, decir, que este artigo, nos dá un montón de ideas, para elexir diferentes temas nunha variedade inmensa de libros e editoriales. Sen esquecer, que nos informa de diferentes títulos de libros, dos cales poder elexir.
Persoalmente, eu decidín elexir "No te vayas...", xa que me chamou moito a atención, por tratar este sobre as despedidas.
"No te vayas..." de Kedelman, Gabriela é un conto no que despedirse das cousas, dos días, das estacións, dos obxectos... non lle gusta nada a Catalina. E este libro o conta deixando gran liberdade interpretativa ó lector para que entenda por qué hai que decir adeus. Os tres cores cos que xoga a ilustradora lle permiten mostrar unha gran diversidade de lugares e efectos sen votar de menos outros tons.
Pertence a Ed. Kókinos e o seu prezo está entre os 15 e os 20 €uros.
Por outra banda gustaríame compartir con vos dúas páxinas en concreto; unha é sobre unha biblioteca de navarra, na que aparecen unha morea de títulos interesantes...e a tedes tan só a un clik!! ; e outra e sobre unha páxina na que podedes atopar libros da literatura infantil (ClubKirico).

1 comentario:

  1. ben!! gústame!! :)) non lin aínda o conto, pero todo se andará :))

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.