domingo, 7 de noviembre de 2010

Contos para as emocións



Xan era un cativo de cinco anos que levaba ás costas unha mochila cargadiña de medos dende que era aínda máis cativo. Xan tiña medo ó monstro que se agochaba baixo a súa cama e ó que vivía no seu armario, ó cadelo do seu veciño, ás arañas que de cando en vez se entremeten na súa casa, a aquela boneca de cara fea que a súa irmá ten enriba da cama e a tantísimas cousas máis que se as seguiramos nomeando e puxeramos en ringleira letra tras letra poderiamos dar a volta ó mundo!


Xan sempre durmía ca luz acesa por que así os monstros que vivían na súa habitación non saían dos seu escondites. Pero cando Xan estaba a piques de cumprir os seis anos, a súa nai díxolle que xa ía sendo hora de que os seus medos se foran e que estaba a chegar ó día no que lle apagarían a luz para durmir. Xan ó escoitar a súa nai comezou a chorar, e chorar, e chorar e non deixaba de chorar! Tanto choraba que ata a súa avoa que vivía ben lonxe o escoitou e apresurouse a chamalo para saber cal era o motivo de tal alboroto. Xan sen deixar de chorar contoulle o que tanto o atemorizaba pero a súa avoa, que xa tiña moito vivido e moitos medos superados, deu ca solución!


 Claro que si!!!Xan nunca volveu ter medo porque cando algún dos monstros da súa habitación quería meterlle medo facíalle a burla botando a lingua tan fora como lle era posible. Se se atopaba no portal co can do veciño do quinto, tíñao ben fácil subir polas escaleiras áxil coma un lince. Ah!por certo o da boneca da súa irmá foi o que máis doada solución tivo en canto acabou a conversación ca súa avoa colleu uns rotuladores de cores e mudoulle a cara de tal xeito que a converteu case case nunha modelo de revista!
 E así foi como Xan deu superado todos os seus medos!



TEXTO: Raquel Pais López.

IMÁGENES: Kanija-Kanika, Gustavo Alonso Piñeiro.

Gracias Raquelhina por deixarnos ilustrar este bonito texto.

3 comentarios:

  1. Moitas grazas a vos por querer ilustrar as miñas ideas!
    Un saudo

    ResponderEliminar
  2. Fabuloso!!! :P
    Felicidades a tod@s l@s que colaboraron en el cuento; me encantó la cara de asustado de Xan. :P

    ResponderEliminar
  3. :P
    hehehe botar a lingua a paseo é moi bo xeito de escorrentar os medos (lembro que o propio Einstein o facía:)
    é estupendo! letras, o fío da historia e as ilustracións :))) parabéns para os tres :))))

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.