lunes, 8 de noviembre de 2010

¡¡Un cúmulo de sorpresas!!


Xustificación
 Surxe a necesidade de que nenos e nenas aprendan xa dende idades temprerás o que son as emocións básicas e como enfrontarse a elas. Por eso vamos traballar cas emocións básicas centrándonos neste caso na sorpresa. Aproveitaremos tamén a ocasión para traballar outros aspectos como a motricidade.

Obxetivos
- Ensinar o concepto de sorpresa e saber identificala.
- Educar a percepción e representación das emocións.
-Diferenciar os diferentes tipos de sorpresa.
Actividades
  • Quecemento:
Dispoñeremos ós nenos e nenas da aula en circulo, e deberán representar a cara universal da sorpresa ( Previamente nunha sesión inicial xa se lle terán explicadas as emocións) ó compañeiro da esquerda seguindo o sentido das agullas do reloxo. Na segunda volta comezarán facendo unha cara e os compañeiros deberán intentar identificala
  • Parte central da sesión:
Previamente dividiremos a aula en rincóns
Rincón da caixa sorpresa
Os nenos deberán meter a man nunha caixa da cal non saben o seu contido, tras esto transmitirán cal é a súa sensación de sorpresa se lles pareceu agradable ou desagradable.
Rincón da auga de cores
Os nenos botarán nuns vasiños cheos de auga colorantes de diferentes cores sorprendendose ó ver como esta cambia de cor.
Rincón do efecto bolboreta.
Prepararemos un pequeno circuito onde os nenos poderán contemplar o que sucede cando cae a primeira peza deste.
Rincón das temperaturas.
Os nenos pasarán en ringleira por unha mesa onde hay catro barreños os tres primeiros terán auga a temperatura ambiente e o ultimo deles auga xeada levando asi unha sorpresa ante a nova temperatura.
Rincón dos gustos
Daraselle a cada neno un zume de laranxa no que se lle engadiu unha culler de sal. Sorprenderanse o ver que o sabor non era o esperado.
  • Relaxación.
Dispoñeranse os cativos sentados no espacio e as educadoras representaremos un conto no que faremos cambios de voces e vestuario para representar os diferentes persoaxes.
  • Fase de expresión.
Nesta parte daremoslle os nenos diferentes materiais ( papel, plastilina, pinturas, cartulinas...) e deberán representar que é para eles a sorpresa, ó finalizala envolveranno e facendo unha especie de amigo invisible agasallarán ó compañeiro que lles tocou.

Recursos
Materiais funxibles:
 Follas de cores, pinturas, pegamentos, papel de envolver, plastilina, lazos, vasos, caixas de cartón e papeis de diferentes texturas ( papel de seda, cebola, pinocho...).
Outros materiais
Osos de peluche, auga, zume de laranza (ou outro zume), sal, culleres, vestiario vario para a representación (sompreiros, de diferentes tipos, gafas e asubío).



Por:
 Marta Bóveda Ferreiro
 Raquel Pais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.