martes, 23 de noviembre de 2010

Hai dereito(s)??

Durante esta semana cúmprese o vinte aniversario da Convención sobre os dereitos dos nenos, e nos medios de comunicación bombardéannos con noticias sobre o tema.
Sempre que chega o día mundial sobre x tema todos nos acordamos e ao dia seguinte como di o refrán " Acabouse o día acabouse a
 romeria".Pero neste caso máis que en ningún outro todos os días deberiamos acordarnos deste tema e seguir loitando para que asi todos os días poder celebrar unha vitoria: poder celebrar que non mais nenos vivan na miseria, que non mais nenos se morran de fame, que non sexan nunca máis explotados, que todos poidan xogar e ser felices...
Hoxe que todos falan sobre os avances que conseguen as ONG's neste tema, eu pregúntome se hai dereito a que isto siga acontecendo. Por que en moitas ocasións xiramos a cabeza á crua realidade coma se ó non o ver non estivese a suceder, evitando así que o que vemos nos faga dano. Non obstante eu denominaríao como un acto de covardía e egocentrismo por que por moito que intentemos obvialo isto é unha realidade e cada día seguirán morrendo nenos de fame mentres aquí, no que chaman o primeiro mundo, a obesidade infantil vai en aumento.

Simplemente é a miña reflexión...

1 comentario:

  1. Miña nai!!! Hai un mes que está publicado e o vexo hoxe!!!
    Tes razón rpais, non hai dereito!!! Hai un desequilibro que parece que non lle fai perder a súa fachenda o suficiente a moitas persoas; ben é certo que podemos facer moito, pero falta moitísimo máis por facer, e tamén, hai un pouco de pensar que querer e poder non veñen a ser o mesmo, e moitas veces, si veñen a ser o mesmo; estamos cansos/as de escoitar que a fame poderíase erradicar hoxe, agora, se non se fai é porque a moitas persoas non lles interesa, e moitas non lles importa, e a quen lle importa, pensa que unha cousa é querer e outra poder; e pódese, o que hai é que adicarlle tempo (e por parte de quen poida, cartos tamén, pois o pan é o que ten, non o regalan) e facer, a sorte é que non hai que comezar de cero, porque si hai moitas ONGs que fan moito e ben, pero segue a haber milleiros de nenos e nenas que non poden facer uso dos seus dereitos; mesmo estas palabras, son o que son, non dan de comer, son insuficientes; oxalá iso que se colou no último momento no lema da revolución francesa: fraternidade, se torne real nalgún momento, en cada lugar. Oxalá!

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.