lunes, 8 de noviembre de 2010

A tristura



Que é a tristura?

A tristeza e un sentimento, unha das moitas emocións humáns normais, ou estados de ánimo que temos todos. É a emoción que sentimos cando perdimos algo importante, cando nos decepcionou algo ou cuando ocurriu algunha desgracia que nos afecta a nos ou a outra persoa. Cando estés triste, é posible que teñas gana de chorar, e as veces che resultará difícil contelas bágoas. Pero probablemente o feito de chorar axudarate a sentirte mellor.

A finalidade das actividades propostas a continuación será para nenos dunha idade de 4-5 anos. O "obxetivo principal" constará de que os nenos/as empléen dalgunha maneira a emoción de tristura a través dos diferentes exercicios e se den conta do seu verdadeiro significado.



Actividades

Debuxo: A proposta é que os nenos/as se debuxasen nun folio cunha cara triste, moi triste, e pola outra parte do folio, todo o contrario, cunha cara feliz, moi feliz. Unha vez feito isto, utilizalo debuxo coma se fose unha careta e preguntaráselles cal é a cara que máis lle gusta, con cal se senten mellor ou cal cren que e mellor, cal prefiren, con cal se identifican habitualmente...

Canción: A intención e que coa intervención dos nenos/as, se chegue a bailar unha canción sobre emocións para subilo ánimo a modo de interpretación e expresión coa súa cara e o seu corpo.


Si tú estás feliz, túdebes aplaudir.(clap, clap)
Si tú estás feliz, túdebes aplaudir. (clap, clap)
Cuando te sientes contento,
En tu rostro está el refl ejo. (sonríe)
Si tú estás feliz, tú debes aplaudir. (clap, clap)

Si te sientes triste, tú debes llorar (“boo hoo”)
Si te sientes triste, tú debes llorar (“boo hoo”)
Cuando te sientes muy triste,
En tu rostro se percibe (pon una cara triste)
Si te sientes triste, tú debes llorar (“boo hoo")

(...)



Esta canción podédela atopar completa na seguinte páxina, fai "clik aquí" , na que tamén explica que os nenos con estas cancións, comezan a simular, descubrir e estimular a expresión das súas emocións, emplear novos términos, coordinar os seus movementos..


Representación: Mandamos aos pequenos/as esparcirse por toda unha aula de forma ampla e o que queremos conseguir e que expresen co seu corpo o que se lles veña a cabeza a través da música. Unha vez todos ben separados comezaremos cunha pouca de música moi lenta, triste, como melancólica coa que os nenos deberán camiñar dunha maneira lenta, como se lle
pesasen os pes ao camiñar, cunha expresión da cara triste..; e pouco a pouco iremos cambiando a música, aumentando o ritmo, con letras mais alegres, para que os nenos cambien as súas expresións. Deste modo verán dunha maneira mais positiva o feito de estar felices e deixar un pouco de lado o verse triste.

Lectura: Outra das actividades e a de contarlles un conto no que se vexa reflexada a emoción de tristura e no que o estar triste sempre ten un motivo polo que estalo e que dun xeito ou doutro sempre se pode solucionar e buscar de novo a alegría e a felicidade. Neste conto ("clik aquí")
pódese observar como o estar triste ven por un motivo e que se se deixa axudar todo se pode solucionar.



Obxetivos:
Recoñecer e experimentar os novos tipos de emocións.
Desenvolver a capacidade de representación mediante movementos corporais.
Potenciar a atención, a memoria e o pensamento.
Traballar a coordinación.

Contidos:
Coñecemento emocional.
Aumento das capacidades representativas.
Coordinación de movementos corporais.

Recursos:
Folios, pinturas, contos infantís e música variada.

Eva Álvarez y Andrea Pérez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.