lunes, 8 de noviembre de 2010

O MEDO

"O medo...é un bicho peludo de cara fea, que fai que a xente peche os ollos e queira agocharse, pero cando a xente e valente e conversa con el, esta descobre que a cara del non é tan fea"

O medo e unha emoción que sentimos todos e cada un de nos cando nos topamos ca presencia dun perigo real ou imaxinario. Co paso do tempo aprendemos a controlalo e manexalo para que non nos afecte na nosa vida diaria. Hai diferentes tipos de medos e distintas categorías.
As seguintes actividades que vos presentamos son para axudarlle, aos nen@s, saber que é o medo e axudarlle a superalo.

ACTIVIDADES:

*A primeira actividade consinte en que os rapaces representen nun folio cales son os seus medos, claramente antes desta actividade explicarésmoslle aos nen@s en que consiste dita emoción. Ao rematar colocaremos aos nen@s en circulo, vendose uns a outros, e comentaremos os debuxos entre todos; explicando cada quen o seu medo e comentando os dos demais. As educadoras tamén participaremos na actividade para que os nen@s se den conta de que o medo abrangue a todo tipo de persoas e non só os nen@s.

OBXETIVOS:
-Identificar os seus propios medos.
-Coñecer que os demais tamen teñen medos.
-Conseguir que superen os seus propios medos.
-Expresar o que se pensa dos medos dos demais.
-Intercambiar experiencias.

TEMPORALIZACIÓN:

-20 minutos aproximadamente para facer os debuxos pero todo depende da capacidade dos rapaces.
-40 minutos, tamén aproximadamente para polos en común, comentar e expresar o que lle parecen os debuxos e os medos dos seus compañeiros.

*A segunde actividade vai ser o “xogo das tinieblas”. Este xogo vai sendo o escondite as oscuras, onde os nenos se deben esconder para ser encontrados polos compañeiros ante du periodo de tempo que elixiremos os educares como miremos oportuno. Tamén o podemos facer escondendo algún obxeto e eles teran que buscalo na oscuridade mediante as pistas que lle deamos.

OBXETIVOS:

-Traballar un medo en concreto”o medo a oscuridade”
-Propiciar o cambio de experiencias entre os compañeiros.
-Fomentar a relación entre os compañeiros.
-Desenvolver outros sentidos, como o tacto e o oído.
-Conseguir que superen o seu medo.

TEMPORALIZACIÓN:

Aproximadamente 40 ou 50 minutos, todo dependerá do interese que mostren os cativos, se actividade comeza a desinteresarlles, mellor acortala para que non perdan o interese, e a actividade non perda o seu fin lúdico e motivador.

*A terceira actividade que preparemos para os nen@s relacionado co medo e a seguinte: “ O que berre mais alto e mais forte, gaña”.
Poñemos música variada, pero toda con un referente común, o suspense; para que desta forma os nen@s cando escoiten esta música griten, e dependendo do medo que lles produza faranno mais alto e con forza ou mais baixo e suave.

OBXETIVOS:

-Expresar mediante o son a emoción do medo.
-Relaxar e destensar ao nen@.
-Fomentar a comunicación e a escoita entre eles.

TEMPORALZACION:
-Aproxmadamente uns 20 minutos.

*Cuarta actividade: “ O rincón do Medo” (actividade basada no samaín). Esta actividade realizaremola coa compañía dos país e nais dos nen@s, para que así tamén interveñan nas actividades que se fan para a diversión dos seus fillos.
Esta actividade estará formada por diversas actividades que son as seguintes:
-Disfrazarse relacionado co samain como por exemplo de pantasmas, bruxas/os, calabazas, etc…Estes disfraces elaborarémolos na clase con algunha axuda dos pais.
-Contaremos contos de terror elaborados polos pais que queiran participar na actividade e temén serán contados por eles.
-Taller de preparación da cabaza terrorífica, os nen@s traerán das súas casas as cabazas, e despois na clase os nen@s coa axuda dos educadores faranlle ollos, boca e tamen lles poremos pelo de lá, etc…

OBXETIVOS:

-Fomentar nos nenos o coñecemento das tradicións.
-Comunicar e expresar o aprendido na aula sobre o medo aos pais.
-Divertir os nen@s co aprendido.
-Implicar aos pais na aprendizaxe dos seus fillos.

TEMPORALIZACIÓN:

Esta actividade do rincón do medo farémolo en tres días; o primeiro faremos a decoración das cabazas que exporemos na clase, para decorala polo samaín e as poidan ver os pais.
O segundo día decoraremola clase e fabricaremos os disfraces para vestir o dia seguinte, neste caso eleximos disfrazarnos de pantasmas; o disfraz elaborarémolo con un saco blanco grande e despois pintaremoslle a cara, os nen@s, de cor blanca con olleiras.
O ultimo e terceiro día on nen@s virán vestidos de pantasmas xa da casa cos seus pais; que viran tamén disfrazados (estes non teñen porque vir disfrazados iguales aos seus fillos, poden ir do que queiran),e así faremos a sesión dos contacontos elaborada polos pais e despois os nen@s elixiran cal foi o conto que mais medo lle deu e cal foi o que menos.

CONTIDOS:

-Indentificación dos diferentes medos.
-Superación dos medos.
-Intercambio de experiencias.
-Fomentación da mellora da relación entre os rapaces e os pais dos nenos.
-Expresión do medo mediante os sons.
-Diversión dos nen@s co aprendido.
-Comunicación e exposición do aprendido.
-Implicación dos pais na aprendizaxe dos seus fillos, de que é o medo.

Por Rosa Mª Fontán e Andrea Pereira

2 comentarios:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.