miércoles, 3 de noviembre de 2010

A EDUCACIÓN

Dende o meu punto de vista, a educación é unha parte moi importante da nosa vida, imprescindible quizáis; debido a que se nos falta nos limitaría socialmente porque grazas a ela compartimos as nosas ideas, cultura, coñecementos....
Eu cando penso no termo educación, diferencio entre a educación dos coñecementos; é dicir o que aprendemos ó longo da nosa vida e o termo educación refirido a saber comportarse en diferentes situacións. Ámbalas dúas son necesarias e normalmente soen aprenderse na escola e na casa.
Para min as dúas son importantes que as persoas as desenvolvan, pero paréceme imprescindible saber comportarse, xa que por moitos coñecementos que teñas se non sabes estar en diferentes situacións, non tes educación.
Por todo isto creo que é esencial que as novas xeracións estén ben educadas e que todos colaboremos para lograr este principio básico.

8 comentarios:

  1. primero deberíamos empezar por educarnos a nosotros mismos...

    ResponderEliminar
  2. Boa cousa o de compartir, é un pouco como sentarse á mesa coas demais persoas, en igualdade, aprendendo uns dos outros; gústame tamén o de colaborar, eu entendo a educación non tanto como que hai alguén que ensina, ao lonxe, e alguén que recibe a frecha do cupido da sabedoría, se é que iso existe (estaría ben a cousa se nos chegasen as súas frechas de cando en vez e non tivésemos que estudar para aprender) peropero, tamén penso que non só se trata de estudar, senón tamén de observar, ollar ao redor e inspirar todo o bo para nós, e deixalo dentro, até que teña que saír, no momento adecuado :) o que di kanija-kanika é tamén unha moi boa posibilidade, máis só cando xa somos persoas adultas, de nenas/os, non temos a suficiente capacidade para facelo, e hai quen de grandes, tampouco hehe :) pero é como o comer, e o rañar, que todo é empezar :)) boa reflexión a túa :)))

    ResponderEliminar
  3. A verdade, e que estou dacordo con Kanija-kanika...deberiamos de comenzar por educarnos a nos mesmos, aunque hai que recoñecer que a uns lle fai mais falta que a outros!!

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. o que sí teño claro e que hai moito ignorante que vai ou intenta ir de educador/a pola vida... ás veces un debería verse a sí mesmo e pensar na súa verdadeira vocación... porque hay moita xente ben preparada, chea de ganas e motivación,de creatividade... no mundo laboral non hai sitio para medias tintas ( a no ser que teñas enchufe )...e a eso me refiro cando digo educarnos a nós mesmos, facer un exercicio de autoreflexión, e ter a sufiente valentía para recoñecer se valemos ou non para facelo... é evidente que algunhas persoas son mais educadas ca outras e tamén mais ignorantes ou cobardes...

    ResponderEliminar
  6. realmente, en certos aspectos pode que teñas razón...pero sinceramente creo que se a xente estuda para ser educador/a...e porque realmente e o que se quere adicar, a niguén debería de por en duda a capacidade das persoas para adicarse ou non a esta profesión. Sobre o do mundo laboral, supoño que é cuestión de sorte...non creo que porque entres por enchufe, queira decir que non teñas ganas, creatividade ou motivación.

    ResponderEliminar
  7. sí, confiarlle o teu futuro laboral á sorte e un camiño bastante doado, eu penso que as cousas pódense conseguir por méritos propios, porque por moita sorte que teñas se non vales non tes nada que facer...en canto ó de por en duda as capacidades para desempeñar unha profesión u outra, pois iso depende de cada un, podes vivir nun cego conformismo e resignarte ou podes facer un exercico de autocrítica e reflexión e intentar superarte... pero bueno, son matices que non todo o mundo está disposto a apreciar, porque o orgullo sempre anda polo medio... hai que querer ser, pero tamen hai que saber ser y estar... non só parecer...

    ResponderEliminar
  8. por otra parte, me gusta la reflexión de Nuria, se ve que es personal, propia...mi comentario sobre "educarnos a nosotros mismos" va encaminado a abrir un poco de debate, entender la educación como un proceso exterior( dar, colaborar, compartir, enseñar... ), pero también como algo interno, que se puede interiorizar, que nos hace crecer personalo individualmente, educación dirigida hacia nosotros mismos... no sólo hacia los demás...

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.