Sempre que chega o día mundial sobre x tema todos nos acordamos e ao dia seguinte como di o refrán " Acabouse o día acabouse a romeria".Pero neste caso máis que en ningún outro todos os días deberiamos acordarnos deste tema e seguir loitando para que asi todos os días poder celebrar unha vitoria: poder celebrar que non mais nenos vivan na miseria, que non mais nenos se morran de fame, que non sexan nunca máis explotados, que todos poidan xogar e ser felices...
Hoxe que todos falan sobre os avances que conseguen as ONG's neste tema, eu pregúntome se hai dereito a que isto siga acontecendo. Por que en moitas ocasións xiramos a cabeza á crua realidade coma se ó non o ver non estivese a suceder, evitando así que o que vemos nos faga dano. Non obstante eu denominaríao como un acto de covardía e egocentrismo por que por moito que intentemos obvialo isto é unha realidade e cada día seguirán morrendo nenos de fame mentres aquí, no que chaman o primeiro mundo, a obesidade infantil vai en aumento.
Persoalmente, creo que este artigo é moi interesante, xa que informa, dalgunha maneira, que hoxe en día existen ensaios, relatos, etc, que tratan dalgún mensaxe educativo. Sobretodo céntrase en manifestar que existen temas como os sentimentos, as emocións, a autoestima, temas sobre familias monoparentais (nas que non sempre está presente só a nai), ....así pois, moitos temas máis, como o divorcio dos pais, os celos entre irmáns, as mentiras, a tímidez, ... moitos destes temas se aprecian de maneira transversal.


